logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

"Caso depuradoras" denunciado por SGHN o 11-03-2011

Inspección da UE na Deputación de Ourense

En febreiro de 2011 un socio advertíu á SGHN de que dentro do valado perimetral da antiga EDAR de Xinzo de Limia que nunca entrou en funcionamento (construírase nun comunal sen permiso dos veciños) viña de instalarse un cartel cos logotipos da Deputación Provincial de Ourense e do Ministerio de Política Territorial relativo ó proxecto “ARRAIANO. Plantas depuradoras nodrizas de augas residuais domésticas e de lodos de fosas sépticas, con separador e lavador de areas, de pequenos núcleos de poboación do rural ourensán, desta comarca”, incluido no “Programa Operativo de Galicia 2007-2013" e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Posto que dita obra afecta á ZEPA da Limia, está legalmente suxeita a avaliación de impacto ambiental segundo establece o Real Decreto Lexislativo 1/2008:

"Anexo II. Grupo 9. Otros proyectos... k. Cualquier cambio o ampliación de los proyectos que figuran en los anexos I y II, ya autorizados, ejecutados o en proceso de ejecución (modificación o extensión no recogidas en el anexo I que puedan tener efectos adversos significativos sobre el medio ambiente, es decir, cuando se produzca alguna de las incidencias siguientes: ... 5. Afección a áreas de especial protección designadas en aplicación de las Directivas 79/409/CEE del Consejo, de 2 de abril de 1979, y 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, o a humedales incluidos en la lista del Convenio Ramsar."

Á vista destes feitos, con data 21-02-2011 SGHN dirixiuse á Secretaría de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) solicitando información sobre a tramitación da avaliación de impacto ambiental da depuradora (véxase PDF) e denunciou tamén o caso diante da Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense.

Posto que a construcción da antiga EDAR de Xinzo de Limia financiárase con fondos europeos dun "Programa transfronteirizo" (véxase PDF) e a nova actuación era cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, con data 11-03-2011 SGHN informou ao Consello de Contas de Galicia (véxase PDF) e ao Tribunal de Contas da UE (véxase PDF) de que cabería a posibilidade de que a “obra civil” da devandita depuradora fose “construida” e sufragada con fondos públicos europeos en dúas ocasións.

 

 

¡QUÉ VERGOÑA!
Outra sentencia da U.E. por incumplir normativas ambientais: Galicia principal culpable

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de declarar culpable ó Reino de España por incumplir unha directiva europea de 1991 que establecía 2001 como data límite para completar o saneamento das aguas residuais en poboacións de máis de 15.000 habitantes.

Para a nosa vergoña, galegas son 9 das 38 poboacións españolas que, 10 anos despois, aínda incumpren a directiva europea: A Coruña, Santiago, Vigo, Noia, Cariño, Ribeira, Baiona, Tui e Viveiro.

Para a nosa vergoña, mentres só 1 de cada 18 municipios españois con máis de 20.000 habitantes están en Galicia (22 de 397), 1 de cada 4 cidades ou vilas españolas nas que se incumpre a directiva sobre depuración de augas residuais están en Galicia (9 de 38): é dicir, a porcentaxe de cidades e vilas que incumpren a normativa europea de aguas residuais é dun 9,5% no conxunto de España mentres que en Galicia é do 40,9%.

Para a nosa vergoña, mentres tanto a Xunta de Galicia segue a despilfarrar os cartos públicos en proxectos innecesarios, como, por exemplo, novos parques náuticos na beiramar, no canto de construir XA! as 22 depuradoras de augas residuais que aínda faltan no litoral galego (máis...). Folgan máis comentarios.