|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| INICIO | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Niveis de auga no río Limia por debaixo do caudal ecolóxico: |
|
De acordo cos datos oficiais da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”, descargados da páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (http://194.224.175.148/minosil/index.php?url=/datos/graficas_numeros/tag:A046_ACQRIO1), dende finais de xullo os caudais circulantes no río Limia veñen oscilando entre 0,74 e 0,88 m3 s-1. No “Estudio hidrolóxico-ambiental de A Limia” (Ministerio de Medio Ambiente, 2007) indícase textualmente que “Podemos considerar que aqueles periodos nos que os caudais circulantes no río Limia en Ponte Liñares sexan inferiores a 0,97 m3 s-1, este presenta unhas condicións pouco axeitadas para sustentar as súas funcións ecolóxicas”, polo cal establece implícitamente en 0,97 m3 s-1 o caudal ecolóxico do río Limia ó seu paso por Ponte Liñares. O Real Decreto Lexislativo 1/2001 (texto refundido da Lei de Aguas estatal) establece que os caudais ecolóxicos ou demandas ambientais deben considerarse como unha restricción que se impón con carácter xeral ós sistemas de explotación, supeditada só á regra sobre supremacía do uso para abastecemento de poboacións (Art. 59.7 e Art. 60). Á vista desta situación, a SGHN ven de solicitar ó Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que ordene con carácter inmediato a suspensión de todos os aproveitamentos de auga non adicados a abastecemento de poboaciones na bacia do río Limia augas arriba de Ponte Liñares ata que se recupere o caudal ecolóxico mínimo de 0,97 m3 s-1 na Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”. |
Fotografía: Imaxe da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” obtida da páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil http://194.224.175.148/minosil/index.php?url=/datos/graficas_numeros/tag:A046_ ACQRIO1 |
Imaxe: Esquema da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” obtida da páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil http://194.224.175.148/minosil/index.php?url=/datos/graficas_numeros/tag:A046_ ACQRIO1 |
|
Plan de Xestión dos Residuos Sólidos Urbanos de Galicia 2010-20 |
|
En 1997 a SGHN afirmaba que “a Xunta de Galicia minimizou o programa de minimización ata niveis irrisorios” no vixente PXRSU (Paspallás nº 20) e os feitos dérennos a razón: entre 1998 e 2009 a xeración de residuos por habitante e día aumentou nun 49% de acordo cos datos oficiais do novo PXRSU 2010-20, que recoñece explícitamente o “Colapso da capacidade das instalacións de tratamento actuais”. Agora o novo PXRSU plantéxase como obxectivo para 2020 o de reducir nun 10% a produción de residuos. Malia ser unha redución insuficiente, semella díficil que se poida acadar pois só lle adicará o 2,2% do seu orzamento. |
|
O vixente PXRSU contemplaba acadar a recollida selectiva dun cativo 18% de RSU, considerados globalmente, e dun 50% nos casos específicos de vidro, papel e plástico/envases lixeiros, pero, como denunciou a SGHN xa en 1997 (Paspallás nº 20), a capacidade total de contedores prevista para a recollida selectiva de papel, plástico e vidro era moi insuficiente. En 2009, o obxectivo do 50% de reciclaxe só se acadou para o vidro, e os resultados amosan un fracaso estrepitoso para o papel-cartón (21,7%) e, moi especialmente, para os envases lixeiros (9,7%). Coa asignatura suspensa, agora o novo PXRSU “repite obxectivos” e prevé acadar en 2020 ese 50% de reciclaxe para papel-cartón e envases lixeiros, ademáis dun cativo incremento na reciclaxe do vidro (do 50% actual ó 60%). Pero, como á súa recollida selectiva só se adicará o 6,5% do custe total do PXRSU, moi ó seu pesar a SGHN “repite vaticinio”: non parece que con estes medios se poda acadar o 50% de recollida selectiva de papel-cartón e envases lixeiros. |
|
![]() |
|
En 1997 o vixente PXRSU desbotaba equivocadamente a compostaxe da materia orgánica fermentable como solución válida de xestión dos RSU ó considerar que “O producto final non constitúe un auténtico fertilizante... este aporte de compost é difícilmente asumible ... nin sequera o convirten nun producto atractivo para os mercados ..." O novo PXRSU 2010-20 supón, alomenos sobre o papel, un notable cambio de rumbo pois inclúe como terceira liña estratéxica a de potenciar a xestión/recollida en orixe da fracción orgánica dos residuos municipais, recoñecendo que “a materia orgánica é a columna vertebral do sistema... se se separa correctamente en orixe, obtense un produto nobre, un fertilizante moi valioso...” O problema é que se ben o discurso oficial mudou radicalmente non pasou o mesmo coa distribución dos orzamentos e de facto a incineración segue a ser a prioridade número un. Por todo o cal, a SGHN ven de solicitar á Xunta de Galicia que a distribución dos orzamentos do PXRSU 2010-20 entre as súas liñas estratéxicas se axuste con claridade á xerarquia establecida pola Unión Europea para a xestión dos residuos:
|
|
Censos de aves acuáticas invernantes 2001-05Acaba de saír do prelo o Braña nº 10 que recolle, e interpreta, os datos dos censos invernais de aves acuáticas realizados en Galicia pola Sociedade Galega de Historia Natural durante o periodo 2001-05 no marco dos censos coordinados a nivel internacional por Wetlands International máis. |
![]() |
Cambio global. Cambio legal. ¿Cambio mental? |
|
Hai xa máis de 30 anos que os "expertos en técnicas de producción e mercado" no eido da producción de carne de polo tiñan moi claro que dende que nacían os poliños debían ter as luces da granxa permanentemente encendidas, agás durante 5 minutos cada día para que os polos "coñezan a escuridade" e así evitar mortandades masivas polo susto en caso de apagón. A vantaxe é que, ó ter luz todo o día, permanecen despertos máis tempo, consumen máis alimento e medran máis rápido, acortando os turnos de producción. O dano colateral dunha maior mortalidade queda ben compensado, a ollos dos "expertos en técnicas de producción e mercado", por unha maior productividade e rendibilidade global: máis carne en menos tempo e con máis beneficios. |
|
Os actuais "expertos en técnicas de mercado" decidiron que os establecementos comerciais deben ter as portas sempre abertas (ou simplemente non ter portas) e un potente sistema de calefacción/refrixeración xusto na entrada para xerar unha "cortina" de aire quente no inverno e de aire frío no verán que, por contraste coa temperatura do resto da rúa, supoña un atractivo irresistible para os transeúntes e os anime a entrar no local e converterse en consumidores. En canto ós "danos colaterais", descoñecemos si hai unha estatística das víctimas humanas do consumismo compulsivo, pero si a houbera seguro que tampouco lles importaría ós expertos do mercado. O que sí podemos é albiscar as víctimas ambientais: o despilfarro brutal e absurdo de enerxía leva a máis consumo de combustibles fósiles, máis cambio climático, máis aeroxeneradores nos nosos montes, máis encoros hidroeléctricos nos nosos ríos, ¿máis centrais nucleares? Pouco importan os insostibles perxuicios económicos e ecolóxicos; cegados polos beneficios ó máis curto prazo, os "expertos en técnicas de mercado" botan as súas contas: como non teñen que pagar os custos ambientais reais e hoxe así gañan máis cartos, para qué pensar en mañán? Pero cando a burbuxa de despilfarro enerxético estoupe as consecuencias han ser moito piores que as do estoupido da burbuxa inmobiliaria e financieira da que agora nos laiamos. |
![]() |
![]() |
Afortunadamente, desenvolvendo o Plan de Activación do Aforro e a Eficiencia Enerxética 2008-2011, o R.D._1826/2009_do_27-11-2009 establece que os edificios e locais destinados a uso administrativo, comercial e de pública concurrencia deben dispor dun sistema de peche de portas para impedir que estén permanentemente abertas e limita as condicións de temperatura, que non deberá ser superior a 21 ºC nos recintos calefactados nin inferior ós 26 ºC nos recintos refrixerados. Lamentablemente, de nada vale unha lexislación moi razoable e chea de senso común si non se divulga adecuadamente primeiro e se inspecciona rigurosamente o seu cumprimento despois. Un simple paseo por calquera cidade pon de manifesto un notable incumprimento do R.D. 1826/2009. Por exemplo, tan só nun puñado de rúas céntricas de Santiago de Compostela hai alomenos 35 locais comerciais de todo tipo nos que as portas están abertas permanentemente cos sistemas de calefacción ou refrixeración encendidos (a metade de ditos locais mesmo non teñen portas, só unha persiana para pechalos de noite). En toda España deben contarse por milleiros, quizáis deceas de milleiros. |
![]() |
![]() |
Por estas razóns, a SGHN ven de dirixir un escrito ó Ministro de Industria, Comercio e Turismo solicitándolle que se inicie o antes posible unha ampla campaña de divulgación do R.D. 1826/2009 e a continuación comence sen demora unha campaña para a inspección do seu cumprimento en todos “os edificios e locais destinados a uso administrativo, comercial e de pública concurrencia”. O texto íntegro do escrito está recollido no PDF SGHN_Ministro_Industria_RD_instalacions_termicas. |
|
“A definición positiva do aspecto material do elemento obxectivo do feito impoñible do Canon” |
|
Pero nin tan siquera a “inofensiva” alegación de forma para que se corrixIran os paragrafos farragosos ou incomprensibles do anteproxecto se tivo en conta na redacción do proxecto de Lei de Augas de Galicia aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 27-05-2010 e que pasará agora á súa tramitación no Parlamento Galego: a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras non aceptou nin unha soa das alegacións da SGHN sobre o fondo e a forma da futura Lei (véxase texto íntegro en Anteproxecto Lei de Augas). |
|
É habitual que os preámbulos inclúan unha excelente xustificación da necesidade das respectivas leis e unhas magníficas declaracións de intencións acerca do ámbito sobre o que a continuación se lexisla, aínda que non é infrecuente que logo o articulado defraude as expectativas creadas. Non poderemos decir isto da Lei de Augas de Galicia, pero iso será tan só porque defrauda xa dende o propio preámbulo:
|
Fotografía: Fervenza coa que río Xallas desemboca no mar, patrimonio natural de todolos europeos (é un exemplo único no noso continente) que, por un abusivo e inaceptable aproveitamento hidroeléctrico agora só se pode ver en periodos de moi fortes choivas ou, cun caudal moi inferior ó da imaxe, como "espectáculo" para turistas os domingos durante 2 horas. |
Nunha Lei de Augas do século XXI é inaceptable que:
|
|
|
|
O coñecido dito “o que mal comeza mal remata” ten un magnífico exemplo neste proxecto de Lei. De manterse a redacción actual, o Anexo II sería un recoñecemento expreso de espírito derrotista e claudicante da Lei e de que todo o rimbombante “Título sexto: Réxime especial de protección da calidade das augas das rías de Galicia” é papel mollado: se o seu estado actual é malo ou moi malo poderán continuar así indefinidamente porque non se contemplan plans ou actuacións para que se poidan reducir os niveis de mercurio, cianuros ou DDT, por mencionar só algúns dos tóxicos máis coñecidos. Se non se remedia, a futura Lei de Augas de Galicia será calquera cousa menos nova ou avanzada e levaranos seguramente a unha sentencia condenatoria do Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprimento da Directiva Auga. |
|
Comisión do Parlamento de Galicia para o Plan de Ordenación do Litoral |
|
| .... A crúa realidade é que, 28 anos despois de asumir as competencias exclusivas sobre ordenación do territorio, Galicia aínda carece dunha ordenación real do territorio... e de todas as rexións do “Espazo Atlántico” da Unión Europea, Galicia é a única que aínda carece dun instrumento de ordenación, protección e xestión do seu espazo costeiro. .... Os erros a corrixir son moi importantes. No caso do ámbito do POL, a día de hoxe a “desordenación do territorio” levounos a ter 11600 puntos de amarre en portos deportivos, 2 aeroportos malos que compiten entre si, 2 portos exteriores separados apenas 17 km e un sinfín de paseos marítimos absurdos que urbanizan espacios naturais da beiramar e que hai que arranxar despois de cada temporal forte. A grave desordenación tamén nos levou a que aínda falten por construir nada menos que 22 das 91 depuradoras necesarias nese territorio e a que persistan 1926 puntos de verteduras, todo o cal ameaza gravemente a riqueza pesqueira e marisqueira do noso litoral. A desordenación urbanística e a falta de respecto á lexislación ambiental tamén nos levou ás recentes sentencias do Tribunal Supremo contra o macrorrelleno do porto de Marín e contra a tramitación da licencia dos depósitos de combustible no de Vilagarcía. |
|
A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba o litoral galego ata que a Lei 6/2007... paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 m desde a ribeira de mar ata que se elabore o POL. ... O litoral galego é moito máis que un solar urbanizable, ou que un terreo a encher con infraestruturas enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura. O litoral de Galicia forma parte do patrimonio natural, cultural, etnográfico e identitario non só dos galegos, senón de todos os europeos, e como patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba de calquera interese particular. ... Por iso, dende a SGHN damos a benvida ó Plan de Ordenación do Litoral non só porque é necesario, senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan... De todolos xeitos, a SGHN discrepa con algúns artículos do POL, considera que outros deberan de mellorarse, bota en falla a inclusión dalgún adicional e considera oportuno facer diversos comentarios sobre outros. |
![]() |
![]() |
.. a súa principal carencia (é que) ningún artigo fai referencia á imprescindible campaña de reposición da legalidade urbanística... Ademais, á SGHN demanda que o POL establezca con claridade que os hábitats de conservación prioritaria, os denominados Espazos de interese de taxóns e os espazos de interese paisaxístico quedan excluidos do desenvolvemento urbano, turístico e industrial. ... A SGHN considera preciso que se inclúa unha disposición transitoria que estableza unha moratoria na execución dos PXOM e os plans sectoriais para que se adapten ó POL e ás DOT; senón corremos o risco de que, como os PXOM, dentro de 8 anos os planos sectoriais aínda non se adaptaron. No caso do Art. 16 considérase moi acertado que para definir os espazos de interese de taxons se teña en conta toda a xeoforma en que aparece a especie, pero ademais da existencia de taxons de Flora Vascular endémicos, vulnerables ou de distribución reducida, debera contemplarse calquera outro taxón incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. |
... Consideramos imprescindible que as medidas de integración paisaxística contempladas nos Art. 54 a 62 se fagan extensivas ós proxectos de concentración parcelaria dentro do ámbito do POL. ... A moi sensata recomendación do Art. 61 para que nas áreas de actividade industrial e económica a altura da iluminación se sitúe por debaixo das copas das árbores, co obxecto de aproveitar ao máximo a luz, debera estenderse a todas as instalacións de alumeado público. É unha magnífica noticia para o medio litoral galego o modelo de sendeiros peonís contemplado no POL, claramente inspirado no modelo europeo de sendeiros de gran e pequeno percorrido e que sen dúbida algunha son moitísimo máis respectuosos, fermosos, sustentables e baratos que o perxudicial e carísimo modelo de paseos marítimos desenvolvido ata agora. |
![]() |
![]() |
... En síntese, a SGHN quere máis que este POL pero sobre todo, deixando ó lado posibles diferencias con outras entidades ou persoas, a SGHN quere como mínimo este POL. E ademais quere que se aplique real e efectivamente canto antes. Dende hai xa 8 anos, no primeiro contacto con cada novo Conselleiro de Medio Ambiente a SGHN só lle fai unha petición: que cumpra e faga cumprir a lexislación ambiental. Congratulámonos de que, dito con outras verbas, ese sexa precisamente un dos dez principios inspiradores ou obxectivos xerais do POL:
O texto íntegro da intervención está recollido no PDF |
CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS EN COSPEITO: |
A SGHN ven de respostar ás "Consultas para a determinación do alcance do estudo de Impacto Ambiental" de dous proxectos de Concentración Parcelaria no concello de Cospeito (Lugo): o das parroquias de Sta. María de Rioveso e S. Xoán de Sistallo e o das parroquias de S. Pedro de Seixas e Sta. María de Vilapene. Nas súas respostas a SGHN insiste nas súas peticións enviadas en novembro de 2009 ó Presidente da Xunta de Galicia, o Conselleiro de Medio Rural e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras: |
|
| Para máis información véxanse os PDF Alegacions_ZCP_Cospeito_1_2 e Concentracións parcelarias. |
Efemérides astronómicas setembro
Alegacións ZCP Anfeoz (Ourense)